top of page

CEE

Rutas guiadas para ver la Cascada de Ezaro

Na Ría de Corcubión o mundo parece feito por xigantes

Preto está o monte Pindo, o Sagrado Olimpo dos Celtas.

Veremos o porto de Corcubión de gran importancia dende antigo. Os cronistas clásicos mencionan que a poboación prerromana da rexión pertencía á tribo protocelta de Nerios.

Se os romanos chegaron a Fisterra (Finis Terrae) onde estaba o Ara Solis, non pode sorprender a aparición de vestixios que testemuñan a presenza romana en Corcubión, xa que a súa enseada é o lugar máis protexido e porto natural da ría. Durante o traxecto pasaremos aos pés do Castelo Cardenal, construído para defender a ría dos ataques exteriores no século XVIII. Esta fortificación forma parella co Castelo do Príncipe, na Ameixenda (Cee), situado ao outro lado da ría, permitindo, mediante fogo cruzado, a defensa da enseada de Corcubión.

Unha viaxe chea de aventura, contorna espectacular e cultura.

proximamente

Benvido a Galicia, estamos encantados de atenderte.

bottom of page